luns, 28 de maio de 2018

Clase Maxistral de Retrato Realista


Mestre: Miguel Ángel Vigo
Duración: 2 horas

Nº de prazas: 20
Prezo: 20€
Horario: Luns de 12:00 a 14:00
Datas: 04 de Xuño do 2018
Onde: Avda Romero Donallo 17, Entreplanta, 15706 Santiago de Compostela


DESCRICIÓN
Empezaremos a clase con unha breve viaxe pola historia do retrato para entender os códigos que usaron os grandes mestres durante séculos dentro de esta disciplina para despois entrar de cheo nas técnicas e trucos que nos permitiran conseguir o máximo realismo nos nosos traballos.

PROGRAMA
Que é debuxar? Breve historia de manchar folios.
Que é retratar? O que nos fai únicos.
Anatomía do rostro.
Encaixe e composición.
Claroscuro, escala de grises, luces e sombras.
Texturas e outros contos.

DESTINATARIOS
A todas aquelas persoas que lles encanta debuxar (independentemente da súa pericia co lapis).

MESTRE
Se queres saber máis do noso mestre soamente tes que ir ao link

PREZOS ESPECIAIS
Se te apuntas a máis dunha clase maxistral terás un desconto:
  • 1 clase  20€
  • 2 clases 36€ 
  • 3 ou máis clases 30% de desconto (por exemplo: 3 clases en vez de 60€ serían 42€)
APÚNTOME

Ningún comentario:

Publicar un comentario