Xa levamos tempo facendo estas xuntanzas creativas, temos moitas ideas pero sobretodo o que facemos nelas é traballar no que nos mola nun lugar diferente, que iso de estar sempre no mesmo recuncho non é bo e ademáis deste xeito ata coñeces xente.
Xa estamos chegando á recta final do Inktober, así que aproveito para deixarvos algunhas das cousiñas que estivemos a facer e de paso vou presentándovos a parte dos creativos que nos xuntamos sempre que podemos.
Aquí temos un dos debuxos feitos para este Inktober co tema "scared"
 |
Scared |
Algúns dos nosos compoñentes incluso están vendendo a prezos moi asequibles os seus debuxos do Inktober, como é o caso de
Jose Angel Ares e
Jorge del Oro, podedes poñervos en contacto con eles a través do seu Facebook e se estades atentos incluso é posible que cheguedes a tempo de mercar algunha das súas obras.
 |
Hellboy por Jose Angel Ares |
A temática que elexiu Jorge foi sobre iconos do cine dos 80 e a verdade e que está a facer cousas ben chuliñas
 |
Indiana Jones por Jorge del Oro |
Outra dos compoñentes destas quedadas é Belén, que inda que non está a saco co Inktober sí que nos deixou algún regaliño na súa primeira xuntanza creativa con nos. Se queredes ver máis cousiñas podedes seguir a súa páxina de Facebook:
Flor de toxo Art
 |
Flor de Toxo Art |
O último que se nos xuntou foi Fran, pero olliño que o tío ten unha man que da gusto vela traballar
 |
Non sin o meu revólver por Francisco Bustelo |
E bueno, por último estou eu, que son Javi, e que tamén vou facendo algunha que outra cousiña que podedes ver no meu Facebook:
Burga Art
 |
Red Hulk - Spawn - Wonder Woman - Dare Devil - Joker - Sandman por Burga |
Ningún comentario:
Publicar un comentario