Miguel Angel Vigo

Nace en Extramundi en 1981. Dende neno adopta unha aptitude de total devoción polas artes, especialmente polo debuxo. Os primeiros pasos na escultura daráos no seu Padrón natal e logo na Escola de Artes Mestre Mateo, en Santiago, onde será invitado a participar no concurso de escultura europea, coa participación de nove países, acadando o primeiro premio.

No 2009 licenciase en Belas Artes na Universidade de Vigo e participa en varias exposicións, incluida a exposición “Artistas emerxentes de Galicia e Portugal”, levada a cabo pola consellaría de cultura da Xunta de Galicia e o Governo de Portugal.

Ao ano seguinte foi invitado a realizar a súa primeira exposición individual polo concello de Santiago de Compostela.
No 2011 entra a formar parte dos artistas da galería A.de fuga. Un ano despois participa na feria internacional de arte Just Madrid.
Participa tamén nas xornadas de Artistas Novos da Cidade da Cultura e actualmente traballa representado pola galería barcelonesa Art Deal Preject.

Ningún comentario:

Publicar un comentario