A entrada é de balde e o único que pedimos é que avisedes con tempo para organizar as mesas en caso de que fora necesario, o único que tes que traer é algo co que debuxar, algo onde debuxar e ganas de debuxar.
Este sábado a xuntanza vai molar moito porque da comezo o Inktober.
Para aqueles que non saiban qué é o Inktober, comentareivos que é unha iniciativa creada por Jake Parker alá polo 2009, como un reto persoal para mellorar as súa pericia co entintado e crear así hábitos positivos como o de debuxar tódolos días.
Vale vale, pero en qué consiste o Inktober e cómo participo? Pois moi fácil, o Inktober consiste en facer un debuxo diario a tinta durante todo o mes de outubro e para participar o que tes que facer é o seguinte:
- Fai un debuxo a tinta (pode ter lápis por debaixo se así o desexas)
- Publícao en internet
- Ponlle o hashtag #inktober e #intober2016
- Repite o proceso cada día hata que finalice o mes.
Aquí tedes unha lista de suxerencias proposta por Jake:
Non sexades tímidos e achegarvos aínda que sexa a curiosear ;)
Ningún comentario:
Publicar un comentario