venres, 30 de setembro de 2016

Xuntanza creativa para dar comezo ó Inktober 2016

Como xa vai sendo habitual, o vindeiro sábado día 1 de outubro faremos unha xornada de "pinturas abertas". Que en qué consiste? pois sinxelamente consiste en quedar para debuxar, probar novos materiais, falar de plans de dominación mundial... vamos, o normal.

A entrada é de balde e o único que pedimos é que avisedes con tempo para organizar as mesas en caso de que fora necesario, o único que tes que traer é algo co que debuxar, algo onde debuxar e ganas de debuxar.

Este sábado a xuntanza vai molar moito porque da comezo o Inktober.



Para aqueles que non saiban qué é o Inktober, comentareivos que é unha iniciativa creada por Jake Parker alá polo 2009, como un reto persoal para mellorar as súa pericia co entintado e crear así hábitos positivos como o de debuxar tódolos días.

Vale vale, pero en qué consiste o Inktober e cómo participo? Pois moi fácil, o Inktober consiste en facer un debuxo diario a tinta durante todo o mes de outubro e para participar o que tes que facer é o seguinte:

  1. Fai un debuxo a tinta (pode ter lápis por debaixo se así o desexas)
  2. Publícao en internet
  3. Ponlle o hashtag #inktober e #intober2016
  4. Repite o proceso cada día hata que finalice o mes.
Aquí tedes unha lista de suxerencias proposta por Jake:



Non sexades tímidos e achegarvos aínda que sexa a curiosear ;) 




Ningún comentario:

Publicar un comentario