Fran Bueno


BIOGRAFÍA

Santiagués de 1967, licenciado en Belas Artes pola Universidade Complutense de Madrid.

É mestre na escola profesional de cómic o Garaxe Hermético, creada por Kiko da Silva no 2012. Dende a súa fundación imparte as materias de entintado tradicional, anatomía e perspectiva.

Rematada a carreira comezou traballar en ilustración -sobre todo facendo libros de texto para a editorial Xerais- e participou na creación do Estudio Tangaraño con compañeiros reunidos por un cursiño que impartira a productora Dygra, famosa por ser a primeira en rematar unha longametraxe de animación en 3D en Galicia. Durante tres anos fixeron libros, obras divulgativas de toda índole e algún traballo de animación para a TVG.

Foi naquela época, arredor de 1999, cando comezou crear cómics de ficción (xa antes fixera cómics didácticos) debuxando a serie Os Escachapedras para a revista Golfiño, con Marilar Aleixandre nos guións. Pouco despóis deu o salto internacional, publicando de xeito fugaz en Francia e con moita máis regularidade en Estados Unidos, para coleccións como Noble Causes ou Graveyard Shift, esta última creada a medias co guionista Jay Faerber.

Ca creación de Graveyard Shift compaxinou cómics como Palmira e Marcial, odisea medioambiental, un traballo divulgativo para a Xunta de Galicia; Moncho Valcarce, unha biografía do famoso cura activista; ou Catálogo oneroso de beleza gratuíta, co que gañou o premio Castelao en 2013. Ao final Graveyard Shift apareceu en Estados Unidos en 2014, sendo traducido ao francés en 2015.

Desde os comezos e ata hoxe publicou ilustracións para folletos, anuncios, manuais e libros infantís e xuveniles. Destes últimos a maioría para Xerais, con escritores como Marilar Aleixandre, Agustín Fernández Paz, Xosé Antonio Neira Cruz, Xelís de Toro, Iolanda Eiras, An Alfaya ou Yolanda Castaño.

Entre os seus proxectos actuais destacan un cómic escrito por Diego Ameixeiras e outro creado na súa totalidade por el mesmo para a revista A viñeta de Schröndiger.

Ningún comentario:

Publicar un comentario